Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 25 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello mellora unha serie de parques infantís municipais

Xa remataron os traballos de renovación do céspede artificial e de mantemento dos elementos de xogo no Parque da Pesqueira

Onte remataron os traballos de renovación do céspede artificial do Parque da Pesqueira en Mos, que se iniciaron esta semana dentro dos labores de mellora que inclúen tamén tarefas de mantemento dos elementos de xogo.


Para supervisar os traballos desprazáronse ata a área de lecer infantil esta mañá o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil mosense de Parques e Xardíns e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo.


Os representantes municipais, Augusto e Lorenzo, aproveitaron así mesmo para informar de que estas obras na Pesqueira, parroquia de Mos, son as primeiras dunha serie de melloras iniciadas en parques infantís do Concello e que se farán extensivas a varias áreas de lecer da localidade mosense.


Entre os parques infantís municipais obxecto de mellora atópanse o da parroquia de Torroso xunto á sede de Asodifisi, o de Arrufana na parroquia de Louredo, o das Lagoas en Guizán e o do Agueiro en Sanguiñeda.


A reapertura dos parques infantís municipais tras o peche derivado da crise sanitaria da COVID-19 produciuse o pasado 7 de xullo con indicacións e medidas de seguridade especificadas en carteis informativos para a cidadanía e apelando á responsabilidade individual da veciñanza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.