Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 28 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
OIA

Oia formaliza a compra dos terreos do antigo camping Pedra Rubia

O Concello de Oia adquiriu os terreos do antigo camping Pedra Rubia para recuperalos e destinalos a unha área de lecer e deportiva. A semana pasada a alcaldesa, Cristina Correa, formalizou ante notario a escritura de compravenda da parcela correspondente a 17.012,90 metros cadrados, situados na zona do Aguncheiro (Mougás) en solo rústico común, a carón do Camiño Portugués da Costa.

 

O pasado 21 de xullo, o pleno municipal aprobou por unanimidade a compra, que se materializou este xoves.


 
O Concello, que recibiu 80.000 euros da Xunta de Galicia e 120.000 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondendo o montante total ao importe da compra, xa é propietario da parcela do antigo camping.

 

A adquisición da parcela é o primeiro paso para comezar a traballar nun proxecto de recuperación dos terreos degradados, tendo como obxectivo destinar o espazo a usos de esparcemento, deportivos e de lecer, en consonancia coas instalacións que xa existen e que presentan un importante estado de deterioro.

 

Entre estes equipamentos atópase a antiga recepción do camping, os vestiarios e almacéns, a zona de aseos e duchas, o edificio da que fora a cafetería-restaurante e unha pista polideportiva, así coma unha piscina.

 

A actuación tamén incluirá a recuperación e posta en valor das salinas romanas que se atopan no seu contorno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.