REDONDELA
A poetisa Xohana Torres xa ten o seu lugar en Redondela
O parque infantil da Alameda Castelao levará o nome da poetisa morta no 2017 e nenos e nenas poderán coñecer o seu papel a través dun panel con información sobre a súa vida e obra
Xohana Torres, destacada poetisa galega morta no ano 2017 contará cun espazo propio en Redondela ao decidir a concellería de Normalización Lingüística, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, dar o seu nome ao parque infantil da Alameda Castelao.
É un xeito, explica a alcaldesa redondelá “de que nenos e nenas, no seu lugar de xogos, poidan coñecer a figura desta muller que foi unha das primeiras que escribiron en galego durante a ditadura franquista”.
O parque contará cun panel explicativo, con información tanto para persoas adultas como para nenos e nenas, no que se dará conta do papel pioneiro de Xohana Torres na literatura galega. Ao acto de nomeamento do parque infantil co seu novo nome, que terá lugar o domingo 26 de xullo ás 12 horas, espérase a participación da familia da escritora falecida. O acompañamento musical correrá a cargo de Antía Muíño, promesa da música galega e que ven de triundar nas Festas do Apóstolo de Santiago.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149