PROVINCIA
A experiencia dun verán nunha granxa escola de Fornelo de Montes
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá aos participantes nesta iniciativa
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, valorou hoxe como moi positiva a experiencia que están a vivir as mozas e mozos do campamento que ten lugar na Granxa Escola O Kirico. Este campamento é unha novidade dentro da oferta de actividades da Campaña de Verán da Xunta de Galicia.
Mañá sábado é a última xornada de convivencia para as rapazas e rapaces de entre 12 e 14 anos que desde o pasado día 19 se dan cita neste campamento. Durante estes días desfrutaron dun amplo programa de actividades de carácter lúdico e formativo. Os participantes tiveron a oportunidade de coñecer os animais da granxa ao encargarse de alimentalos e coidalos; e tamén desenvolveron outras actividades como rocódromo, quads, slackline, tiro con arco, obradoiros de cociña ou rutas de interpretación ambiental.
Ocúpanse do coidado dos animais e ademais practican deporte no rocódromo, conducen quads, realizan rutas de interpretación ambiental e obradoiros de cociña, entre outras actividades
Como en todas as actividades da Campaña de Verán deste ano, neste campamento séguese o protocolo de actuación establecido polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19 e garantir deste xeito a maior seguridade aos participantes.
Ademais deste campamento, outras novidades da Campaña de Verán na provincia de Pontevedra son os campamentos no colexio Cemar (Mondariz Balneario) e no albergue de Tomiño; o que terá lugar no albergue Vicente Agulló de Lalín; e os programados na Residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo).
Para os campamentos de verán de nenos de 9 a 17 anos, a Consellería de Política Social oferta na provincia pontevedresa 1.065 prazas; 289 nos minicampamentos ‘Coñece Galicia’ que organiza coa Consellería de Cultura e Turismo; e 108 nos campos de voluntariado só para mozos galegos de 18 a 30 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44