Día Jueves, 20 de Agosto de 2020
Tui
Pistacatro con “Baila un vestido verde”

"Baila con un vestido verde" é o título do espectáculo de rúa que Pistacatro presenta o xoves 20 de agosto, ás 21 h, no Paseo da Corredoira. Marta Alonso en "Baila con un vestido verde" emprega a danza para xogar e convidar ao espectador a xogar.
A capacidade está limitada a 100 espectadores previa reserva de entrada en www.enterticket.es.
ENTRADAS
- Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 17 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
- Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
- As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa
-
PROTOCOLO COVID19
- Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
- Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
- Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
- A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
- As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.