Galicia
O Seaga tarda ata sete días en acudir á chamada por un niño de velutina
O niño tiña xa uns 60 centímetros e estaba ubicado moi preto das casas
Finalmente, os veciños cansos de agardar unha solución, optaron por chamar ao Servizo Municipal de Emerxencias, quenes resolveron problema, mentres que o técnico do Seaga que acudía ao aviso sete días máis tarde "limitouse a sacarlle unha foto para xustificar que estivera alí”
De nada serviron as chamadas ao 112-Galicia dos veciños que pedían a retirada con “certa urxencia” dun niño de vespa velutina que estaba ubicado a moi poucos metros dunha vivenda e dun baixo comercial próximo. Ata en seis ocasións se puxeron encontacto co 012 e 112 ademáis de remirtirlles varios correos para solicitar axuda. A primeira chamada ao 112 producíase o luns día 20 e o técnico do Seaga acudía no día de hoxe (28 de xullo), segundo explican os veciños.
"O niño foi construido nunha maceira e as vespas chegaron a invadir varias propiedades conseguindo a entrada nas casas e noutras dependencias próximas, co risco que isto trouxo" explican moi molestos pola tardanza os veciños afectados.
Para o 112-Galicia a simple existencia dun niño próximo a vivendas non se xestiona coma unha emerxencia polo que non atenden a chamada, "simplemente remiten o problema ao teléfono de atención ao cidadán 012". “Para que o 112-Galicia se tome en serio as advertencias dos veciños ten que haber un ferido ou unha vítima, entón si activarían os medios necesarios” explicaba outra veciña afectada.
Pero no Servizo de Atención ao Cidadá 012 "tampouco procuran unha solución inmediata ao risco que supón este tipo de niños tan preto das casas, simplemente se limitan a dar aviso ao Seaga e xa advirten que os protocolos marcan ata cinco días de espera” explica a veciña do municipio de Mos onde aconteceron os feitos.
Según os veciños no propio servicio, 012 que xestiona os avisos por velutina, lles explicaban que “se non hai unha persoa adeclarada alérxica cun certificado médico” ou o niño está construido na propia vivenda "non se considera coma unha urxencia". Mesmo "chegan a advertir que se se chegase a desprazar un técnico de xeito urxente cando non hai urxencia podería cobrar polo servizo prestado" explican indignados.
Unha responsable do Seaga, a sociedade mercantil pública autonómica encargada se xestionar os avisos por velutina, confirmaba a Xornal21 que o protocolo de actuación considera cinco días hábiles para que un técnico visite a zona e que é o 012 o encargado de determinar os avisos e considerar cal é urxente e can non o é.
Finalmente, segundo declaraban os veciños, "o problema tivo que ser resolto polo Servizo Municipal de Emerxencias e o técnico do Seaga, que acudía ao aviso sete días máis tarde, limitouse a sacarlle unha foto para xustificar que estivera alí”.
Por último e, ante todos estes feitos, os veciños tentaron poñer unha reclamación no día de hoxe a través do Servizo de Atención ao Cidadá 012, pero, casualmente, o sistema atopábase "caído" e non foi posible tramitala, segundo aseguran.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184