SALVATERRA DE MIÑO
Salvaterra pide habilitar as solicitudes presenciais de corta
Tendo en conta que a maior parte das solicitudes de corta que se tramitan no Concello de Salvaterra de Miño están feitas polos nosos maiores do rural, con todo o que iso conleva, problemas de acceso a redes, carencia de equipos informáticos ou na maior parte dos casos simplemente ausencia dos coñecementos informáticos e de uso de claves e plataformas dixitais.., o paso exclusivo de forma telemática das solicitudes de corta por parte da Consellería supón un claro prexuízo para o noso Concello, xa que ata o de agora dábaselle a opción a poboación de solicitalos persoalmente no Distrito Forestal en Ponteareas ou os venres no propio Concello.
Ante esta situación onde claramente os nosos maiores se senten discriminados e sobre todo o noso rural, o Concello de Salvaterra de Miño solicita que se volva a habilitar as solicitudes presenciais para as tramitacións das cortas e demais tramitacións nos concellos e na propia sede comarcal, convivindo paralelamente os dous mecanismos, o dixital e o presencial con fin de facilitar as tramitacións a toda a poboación e que exista desta maneira un trato igualitario entre os nosos veciños e veciñas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217