PROVINCIA
Abre a inscrición para a primeira das “DepoRutas BTT” do verán
A actividade englóbase na ampla programación de Vive Deporte que integra unha trintena de actividades sustentables como as novas Depo Orienta e as Rutas Autoguiadas xunto ás clásicas DepoAndainas
Enmarcada na programación Vive Deporte, coa que a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar este verán dunha ampla oferta de actividades deportivas sostibles, a institución provincial xa ten aberto o prazo de inscrición para a primeira das dúas “DepoRutas BTT” previstas, que percorrerá o concello de Cambados o día 23 de agosto.
As e os interesados en participar nesta primeira ruta en bicicleta poderán inscribirse a través da web www.depo.gal ata completar o límite de 200 prazas ata o 17 de agosto, ás 12 horas. Unha vez completadas as prazas, abrirase unha lista de agarda de ata un máximo de 50 persoas. Ás persoas participantes se lles confirmará a asistencia a través da web www.depo.gal coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa “Depo Informa”.
No caso das e dos menores de idade, deberán ir acompañados e en caso de familias con varias crianzas será suficiente cunha persoa representante ou titora por familia. A ruta _ que inclúe os avituallamentos_ estará sinalizada e as persoas participantes deberán seguir o itinerario e ritmo marcados pola organización. Será rigorosamente obrigatorio o uso de casco protector durante todo o percorrido. Despois desta marcha, a segunda das “DepoRutas BTT” programadas pola institución provincial terá lugar o 13 de setembro en Ponteareas, e o prazo de inscrición será do 24 de agosto ao 7 de setembro.
O obxectivo desta iniciativa da Deputación é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos (persoas, grupos ou familias) que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44