Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Martes, 04 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo renova a súa xunta directiva

O pasado domingo 26 de xullo tivo lugar a Asemblea Extraordinaria da Banda de Música Xuvenil de Xinzo para a elección dunha nova directiva para o período 2020-2023.


Respectando as medidas sanitarias impostas pola Xunta, levouse a cabo o cesamento da directiva anterior, en vigor desde o ano 2017, e acordouse a renovación da directiva en funcións ante a falta dunha nova candidatura.


As novidades máis destacadas desta renovación son as novas incorporacións e cargos. O número de membros aumenta ata un total de dez, tres máis que na etapa anterior. Francisco Jesús Represas Carrera continúa á cabeza como presidente e Branca Represas Alonso como vicepresidenta, do mesmo xeito que non cambian as funcións dos membros que formaban parte da directiva ata o momento. A única excepción a isto é a de Manuel Collazo Francisco, que pasa a ocupar un dos novos cargos, o de vicesecretario, como apoio á secretaria María Represas Alonso. A esta novidade súmase o cargo de vicetesoureiro, que ostentará un dos tres novos membros e músico da banda, Ángel González Lago, acompañando á tesoureira Silvia Fernandes Táboas. As outras incorporacións, Mónica Carrera Táboas e Sonia González Represas, asumirán o cargo de vogais xunto ás veteranas Ana Acebedo Varela e Segunda Carrera Iglesias.


A recentemente renovada directiva prolongará o seu mandato durante os próximos tres anos, nos que xa se planean a posta en práctica dos novos obxectivos establecidos en beneficio da Banda, da Coral Cantares de Xinzo e da Escola de Música. As primeiras reformas a tratar serán as da Escola nunha nova asemblea que ten previsto celebrarse a primeira semana deste próximo mes de setembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.