VIGO
COGAMI remata curso de auxiliar de servizos impartido en Vigo
Esta acción formativa, que pretende a inserción das persoas con discapacidade, forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo
Finaliza con dúas insercións laborais o curso de Auxiliar de Servizos impartido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Vigo dentro do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.
Un total de 11 persoas recolleron o seu diploma tras finalizar esta acción formativa que contou con 75 horas lectivas impartidas en horario de mañá, tendo como obxectivo facilitar o acceso ao mercado de traballo por primeira vez ou reciclar profesionalmente a aquelas persoas que o necesiten.
Procedentes de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, e con idades comprendidas entre os 29 e 60 anos, os alumnos asistiron ás clases presenciais durante quince días, para as que contaron con todos os medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Durante esta formación, adquiriron coñecementos específicos en materia sobre a atención ao cliente, servizos auxiliares ou recepción de chamadas.
Finalizado hoxe este curso, o alumnado realizará un seminario complementario no que aprenderá a manexar tanto ferramentas como técnicas que os orienten de cara aos procesos de selección de emprego e a posterior inserción laboral.
Máis Emprego
O programa Máis Emprego ten por finalidade acadar a empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade ou con incapacidade laboral para a profesión habitual. Dende que iniciou en 2017, este programa atendeu ata o de agora a un total de 410 persoas (185 mulleres e 225 homes), das que 275 se formaron nalgún dos 21 cursos impartidos.
De todas estas persoas que pasaron polo programa Máis Emprego, conseguiron inserirse laboralmente un total de179, sendo 88 mulleres e 91 homes, contando este programa cunha porcentaxe de inserción que supera o 43%.
En 2020 lévanse impartidos 3 cursos nos que se formaron 23 homes e 11 mulleres, logrando a inserción laboral de 9 persoas. Para os vindeiros meses, está programado o inicio de cursos de: Nova edición de Auxilliar de Servizos; Manipulación de alimentos; Expendedor de combustible; Acompañante de transporte adaptado; Limpeza hospitalaria e Carretilla, ademais de diferentes Accións de mellora da empregabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129