VAL MIÑOR
Nigrán e Baiona colaboran con Arela para buscar familias dispostas a convivir con adolescentes con medidas xudiciais
As respectivas concelleiras de Asuntos Sociais de Nigrán e Baiona, Bibiana Peixoto e Concepción Vara, reuníronse con técnicos da Asociación Arela, Eva Piñeiro e Julio Barreiro, de cara a promover entre a súa veciñanza o programa CONVIVE.COMigo, unha iniciativa na que esta entidade e Xunta de Galicia buscan conseguir persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir unha medida xudicial (convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo).
Desde o Concello de Nigrán e Baiona resaltan o interesante desta intervención con adolescentes nun contexto natural como é o das familias. Ambos Concellos queren comprometerse con esta iniciativa dándolle difusión entre a veciñanza de cara a ter un 'banco' de persoas dispostas. A través deste programa búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. A través dun ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.
Os requirimentos para formar parte deste programa son os seguintes: ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda axeitada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade... Á súa vez, valorase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico ...
ARELA ofrece unha formación grupal e individual e asesoramento con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40€ diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa. Desde a Páxina web de ARELA (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o seu teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico convive@arela.org
ARELA (www.arela.org) é unha asociación que leva traballando en Galicia dende o ano 1998 con infancia e adolescencia en situación de desprotección e/ou conflito social, prestando diferentes servizos: Casas de Familia, Centros de Atención de Día Integral e Centros de Intervención Educativo en Medio Aberto (CIEMA) coa Consellería de Política Social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87