GALICIA
Renfe restablece a conexión con Portugal Vigo-Porto-Vigo
RENFE comunicou o Comité de Empresa de Pontevedra que a partir do vindeiro 16 de Agosto voltará a circular o tren internacional CELTA que cubre o traiecto Vigo-Porto-Vigo, pero cun só servizo por sentido o día.
Así partirá as 8:58 un tren de Vigo-Guixar cara Porto e outro as 8:13 de Porto Campanha cara Vigo-Guixar, manténdose suprimido o servizo ferroviario da tarde entre España e Portugal.
CGT remitiu escrito as Direccións de RENFE solicitando o restablecemento do servizo presencial de axuda a persoas con mobilidade reducida (PMR) ATENDO que polo de agora estase a ofertar só con solicitude de antelación de 3 horas da salida do tren. Esta supresión mantén a unha vintena de mulleres acollidas a un ERTE.
Este servizo xa está a funcionar de xeito presencial en estacións como Albacete, Alicante Los Llanos, Barcelona Sants, Ciudad Real, Córdoba, Lleida, Madrid (Chamartín y Atocha), Málaga M.Z., Puertollano, Sevilla Santa Justa, Valencia J. Sorolla, Valladolid y Zaragoza Delicias.
"Argallamos pra solicitar a restauración presencial do servizo de asistencia a P.M.R. nas estacións de Vigo Urzaiz, Pontevedra, Compostela, A Coruña e Ourense as características especiais do usuario galego: somos a primeira Comunidade Autónoma por taxa de poboación con discapacidade e a segunda con maior número de habitantes maiores de 70 anos e a segunda tamén con maior índice de envellecemento. A iso hai que sumar que durante o verán Galiza aumenta a súa poboación ao recibir visitantes doutras CC. AA. e o regreso de galegos residentes fora de Galiza, moitos deles que superan os 65 anos de idade"explican dende CGT.
Hai que engadir que a maioría de usuarios que solicitan asistencia fano para os servizos de media distancia comercializados con vehículos S/121, trens con difícil accesibilidade ao non contar con coche de piso baixo e unha separación importante entre coche e plataforma, o que podería supoñer un aumento dos accidentes de viaxeiros nos procesos de subida e baixada dos trens.
"Sen esquezer as condicións do persoal de ATENDO na actualidade, que ante un servizo con solicitude con tan só 3 horas, obriga as traballadoras a estar en dispoñibilidade permanente durante todo o día, sen poder moverse da súa casa, atentas o teléfono por si solicitan unha asistencia 3 hs antes da saída dun tren, sen poder facer vida persoal o longo do día".
Tamén solicitans "a restauración do servizo de atención o viaxeiro e restauración a bordo dos trens de longa distancia, xa que trens como o Galiza-Madrid ou Galiza-Barcelona cunha duración de viaxe de 7 hs (dende Ferrol) e 13,40 hs respectivamente van sen servizo de cafetería algún".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184