Jueves, 29 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e o Colexio Oficial Veterinario identifican 250 exemplares de gando equino

A institución provincial revalida o acordo para preservar o valor etnográfico, turístico, medioambiental e sostible das explotacións gandeiras tradicionais

A Deputación de Pontevedra vén de asinar un novo convenio co Colexio Oficial Veterinario da provincia para a identificación de 250 exemplares de gando equino que viven en réxime de liberdade ou semiliberdade nos montes da provincia. Mediante este acordo, o goberno de Carmela Silva inviste 6.000 euros co dobre obxectivo de preservar o valor etnográfico, turístico, medioambiental e sostible das explotacións gandeiras tradicionais, e apoiar economicamente ao sector ao tempo que dá cumprimento á normativa vixente relativa á identificación dos équidos.

 

A través desta iniciativa vanse identificar 250 équidos vencellados aos curros de Torroña, Mougás, Torroña da Mosca e Mougás da Mosca, na Serra da Groba no concello de Oia; Morgadans, Morgadans da Mosca, Galiñeiro, San Cibrán e San Cibran da Mosca, en Gondomar; Amil en Moraña; Cuspedriños en Cerdedo-Cotobade e Sabucedo na Estrada.

 

Este convenio coa Deputación permite reducir o custo que esta identificación dos animais supón para as e os titulares das poboacións equinas e contribuirá a preservar este sistema de cría dada a escasa rendibilidade económica que este tipo de gando representa para as e os propietarios. O sistema de identificación inclúe un documento permanente único, válido para toda a vida do animal que reúne información sobre cada un deles; tamén un microchip para garantir o vínculo entre o documento de identificación e o cabalo; unha base de datos onde se rexistran os detalles do animal; e unha tarxeta de movemento equino editada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.