Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta inicia as obras para a eliminación dun treito de concentración de accidentes en Gondomar

Os traballos de mellora da seguridade viaria nesta estrada que une O Porriño e Gondomar suporán un investimento próximo aos 435.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe.

 

Os traballos suporán un investimento da Xunta próximo aos 435.000 euros e estarán rematados este mesmo ano.

 

A intervención nesta estrada autonómica que comunica O Porriño e Gondomar ten como obxectivo a eliminación dun treito de concentración de accidentes, entre o punto quilométrico 11+200 e o 14+600, que coincide na zona máis industrializada, e na zona un pouco máis rural que rodea e conforma os accesos á zona empresarial.

 

Executarase unha glorieta para facilitar os xiros e o acceso á zona empresarial na intersección entre a PO-331 e a AG-57. Tamén se acometerán beirarrúas ao longo dun treito duns 600 metros para facilitar os desprazamentos a pé.

 

 

 

 

Construirase unha glorieta no cruce entre a estrada autonómica e a AG-57,  reordenaranse os estacionamentos e executaranse beirarrúas

 

 

 

 

De xeito paralelo, mellorarase o acceso desde a PO-331 ao polígono, co reforzo do firme, nunha zona da estrada na zona máis rural.  Ademais, prevese o reforzo da seguridade nos pasos peonís, garantindo unha mellor visibilidade coa limitación de aparcamento nas súas proximidades e con iluminación axeitada.

 

Esta actuación non afectará á Zona de Vincios, onde a mellora da seguridade viaria se acometerá cando o Concello de Gondomar acade o consenso necesario cos veciños.

 

A intervención enmárcase na estratexia da Xunta para ter actuado en todos os tramos de concentración de accidentes existentes nas estradas de titularidade autonómica no horizonte deste ano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.