Miércoles, 03 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 06 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local do Porriño recauda 5.000 euros en dous días multando a 25 camioneiros

O concelleiro, Sergio Casal, explicou que durante os estado de alarma “houbo certa tolerancia” cos camións aparcados

O concelleiro de Tráfico, Sergio Casal xustifica que as multas a 25 camións formuladas pola Policía Local na noite do luns 3 ao martes 4, na zona das Sequeiras, "responde ás repetidas queixas veciñais que demandaban que o Concello dera cumprimento á ordenanza municipal que prohíbe circular e aparcar ao tráfico pesado dentro do casco urbano”.

 

O Concello do Porriño consigue así  recaudar 5.000 euros en dous días mentres que o concelleiro responsable, Casal Quintas, di que "esta ordenanza municipal foi elaborada e aprobada en 2012 polo goberno municipal que presidía entón Nelson Santos".

 

Quintas recoñece que  "toleraron" o aparcamento de camións durante o estado de alarma

 

O concelleiro explicou que durante os estado de alarma, “houbo certa tolerancia” pero en canto rematou e recuperouse a normalidade, "a Policía Local advertiu reiteradamente da prohibición aos transportistas".

 

No comunicado de prensa emitido polo Concello do Porriño aseguran que "a noite do pasado luns 3, o concelleiro recibiu diversas chamadas de veciños da zona protestando pola acumulación de camións aparcados. Sergio Casal solicitou a Policía Local que intervira o que desencadeou as 25 multas que impuxeron".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.