Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 11 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
BAIONA

O Concello de porá en marcha 10 proxectos de obra ao abeiro do Plan Concellos

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, adiantou que a maioría das iniciativas irán dirixidas ás parroquias “en base ás necesidades que teña cada unha e atendendo a aquelas actuacións prioritarias”

O Concello de Baiona desenvolverá unha primeira batería de dez proxectos que se realizarán ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que, na súa maior parte, terán como destinatarios ás parroquias “que sempre foron as grandes esquecidas polos sucesivos gobernos conservadores”, afirma o alcalde Carlos Gómez.


Precisamente, o alcalde acompañado polos concelleiros de Vías e Obras, Óscar Martínez; e Urbanismo, Víctor Muñoz, reuniuse en pasados días coa veciñanza de Sabarís para darlles conta, polo miúdo, dos traballos de pavimentación e mellora da seguridade viaria que se van desenvolver no Camiño Serralleira.


As obras, que contan cun investimento superior aos 133.000 euros, inclúen a mellora do asfaltado do vial, canalizacións para recollida de pluviais e mellora de accesos aos camiños colindantes.


Carlos Gómez insistiu en que as parroquias do municipio “serán unhas das grandes beneficiarias destas actuacións” ao subliñar o rexedor local que “durante décadas de gobernos conservadores foron as grandes esquecidas”.


O Goberno local, deste xeito, pretende cumprir “cunha débeda histórica co noso rural e que ten como fin prioritario evitar desigualdades, ofrecendo os mesmos servizos e a mesma calidade de vida a toda a veciñanza sen importar o lugar no que residan”, conclúe o alcalde de Baiona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.