Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 09:20:05 horas

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O DOG publica a transferencia a prol do Concello de Nigrán de dous tramos da PO-333

Trátase de treitos da vía autonómica integrados no tecido urbano, entre os puntos quilométricos 0 e 1+110 e o 1+200 e 1+760

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicaba este pasado luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Nigrán, do tramo da estrada autonómica PO-333, entre os puntos quilométricos 0 e 1+110 e o 1+200 ao 1+760.


Trátase da rúa Otero Pedrayo e a rúa do Mariñeiro, tramos integrados no tecido urbano deste municipio pontevedrés.


No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este decreto: https://bit.ly/3fILXKe
A transferencia a prol do concello pontevedrés tramítase de acordo coa Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que debe ser aprobado mediante decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

 

 

 

 

Con esta transferencia, o Concello asume a xestión e conservación destes tramos 

 

 

 


Co cambio de titularidade, aprobado polo Consello da Xunta recentemente, o Concello de Nigrán terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
A entrega formalizarase mediante a sinatura da acta de entrega, no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia.

 

Melloras na rede viaria
Pola súa parte, a Xunta continúa investindo na rede autonómica de estradas ao seu paso polo concello de Nigrán.
O Goberno galego, nos últimos tres anos, leva investidos máis de 3 M€ en obras que melloran a funcionalidade e a seguridade rede autonómica de estradas ao seu paso por este concello.


A Xunta está a realizar un importante esforzo inversor para mellorar a funcionalidade e a seguridade de estradas como a PO-325, a PO-552 ou a PO-340. Máis en concreto, recentemente executáronse sendas na PO-325, na zona de Monte Lourido; na PO-552, en Priegue e nas proximidades do enlace coa AG-57; así como na PO-340, entre Gondomar e Ramallosa. Tamén se está a traballar no reforzo do firme e na mellora da seguridade viaria, coa eliminación dun treito de concentración de accidentes, na PO-552.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.