PONTEAREAS
EU denuncia a xestión privada da auga en Ponteareas
Segundo Esquerda unida O Goberno Municipal de Ponteareas non oculta a súa predilección pola xestión privada dos servizos públicos. "Como se evidencia no decreto de Alcaldía número 2020-2030 do 28 de xullo, mediante a que se adxudica a asistencia técnica para preparar documentación técnica necesaria para licitar o servizo de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas”. Esta resolución alude expresamente á licitación do servizo, mostrando que a intención do Goberno é volver a contratar a xestión da auga cunha empresa privada.
É posible adxudicar o servizo a unha empresa pública, medida que Esquerda Unida Ponteareas apoia. Sen embargo, posto que unha licitación significa “Ofrecer [algo] para adxudicar mediante concurso”, preparando a licitación o Goberno mostra a súa intención de contratar o servizo cunha empresa privada, dándolle a posibilidade de participar no concurso público.
Por outra parte, se a pretensión do BNG e PSOE fose remunicipalizar este servizo, a memoria debería contar cos seguintes apartados: xustificación de que a forma de xestión escollida é máis sostible i eficiente e xustificación de que a iniciativa non xera risco. Pola contra, a composición do traballo contratado mostra claramente que o Goberno Municipal non ten intención de remunicipalizar a xestión da auga, xa que en ningunha parte deste traballo se menciona a posibilidade de crear unha empresa pública. Este contrato comprende a realización dos seguintes traballos: a) Anteproxecto de explotación composto por: Memoria, Estudo de viabilidade da concesión, Memoria xustificativa de prezos e Proposta de estrutura de custes da actividade; b) Xustificación da sostibilidade financeira do contrato, no seu caso; c) Cadro de características do contrato; d) Borrador de Prego Administrativo; e) Prego técnico; f) Regulamento do Servizo.
Desde Esquerda Unida defendeN que a "auga é un ben público esencial, que non debe estar suxeito a intereses comerciais. Para poder remunicipalizar a xestión dos servizos da auga o Concello debe xustificar documentalmente que a xestión pública é máis sostible, eficiente e segura. Por este motivo, en decembro de 2018, presentamos no Pleno de Ponteareas unha iniciativa encamiñada a recuperar a xestión pública da auga. Naquel momento, a iniciativa aprobouse por unanimidade, todos os grupos da Corporación Municipal apoiaron a moción. Non obstante, durante máis de 18 meses o BNG e o PSOE non tomaron ningunha decisión encamiñada a acadar esta medida positiva para o municipio".
"O Goberno Municipal, supostamente de esquerdas, apoia o saqueo dos bens públicos e dos petos da clase traballadora por parte dunha empresa transnacionais privada. Tanto o BNG como o PSOE de Ponteareas, pondo o poder político ao servizo dos grandes capitais, demostran que non son máis que simples xestores da explotación do capital sobre a clase traballadora e o medio ambiente; por esa liña sempre se atoparán con Esquerda Unida en fronte" SINALAN.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163