VIGO
Prioridade peonil no paseo do Lagares
O rexedor informou da instalación de 10 sinais de circulación para establecer a “prioridade absoluta dos peóns” na marxe dereita do paseo do Lagares. Os ciclistas, a un máximo de dez quilómetros por hora
A previsión do goberno municipal é que a instalación dos sinais remate este xoves no tramo comprendido entre o estadio de Balaídos e o ámbito da depuradora, ata a Xunqueira do Lagares.
Abel Caballero destacou que o obxectivo do Concello é “que vaiamos con sosego no paseo”, establecendo a “prioridade absoluta dos peóns”, o que en consecuencia limita a velocidade máxima das bicicletas ata os 10 quilómetros por hora. Dende agora, apuntou, as bicicletas teñen que convivir coas persoas “coñecendo a súa prioridade e a limitación”.
En principio, os sinais instálanse na marxe dereita do paseo, no sentido da desembocadura do río e, de ser preciso, colocaranse tamén na marxe esquerda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191