SALVATERRA DE MIÑO
Salvaterra e Salceda piden un pediatra "compartido"
Ma Dolores Castiñeira Alén, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Salceda de Caselas, e Marta Valcárcel Gómez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Salvaterra de Miño veñen de emitir un comunicado conxunto no que sinalan que os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño" veñen experimentando nos últimos anos unhas elevadas taxas de nacementos, que os sitúan nunha media duns 100 nacementos por ano".
"Os centros de saúde dos nosos Concellos contan na actualidade con cadansúa pediatra, que atende nestes momentos a 1300 nenos e nenas no caso de Salceda e 1070 no caso de Salvaterra. Isto conleva periodos de colapso que se solventan unicamente coa boa disposición das profesionais, pero que en moitas ocasións non garanten a atención de calidade que precisan os nosos nenos e nenas" segundo sinalan as rexedoras.
Tendo en conta que tanto Salceda de Caselas como Salvaterra de Miño "están a incrementar a súa poboación ano tras ano, ámbalas dúas alcaldesas coincidimos na necesidade de contar cunha nova praza de pediatría, que pola cercanía dos dous Concellos podería ser de xeito compartido, diminuíndo deste xeito os actuais cupos de atención, que fan que en moitas ocasións as pediatras se vexan desbordadas, e máis en situacións de pandemia como a que estamos a vivir nestes momentos".
Por isto piden a creación dunha nova praza de pediatría compartida entre os Concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e a dotación do mencionado persoal de xeito urxente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217