Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 23 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda acollerá no 2021 un encontro internacional de clubes campistas

Este mes o Salón de Plenos da Casa dos Alonso acolleu o acto de Presentación da 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021, un encontro internacional que tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español na súa longa traxectoria, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano.

 

Neste acto contouse coa presenza de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura; Joao Alves, Presidente da FICC; José Vicente, Presidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC); Miguel Merino Ayllón, vicepresidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC); Andrés Sánchez, vogal da Federación Española de Clubes campistas (FECC); Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia- Vigo; José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC e José Coello, representante do Camping Santa Tecla.

 

O Presidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC) agradeceu na súa intervención a boa disposición do Concello da Guarda para acoller esta edición, destacando que na Guarda xa se celebraron con éxito 3 acampadas nacionais, sendo un municipio excepcional para este tipo de eventos e contando o Camping Santa Tecla cunhas instalacións inmellorables. José Vicente indicou que o evento terá lugar na segunda quincena do mes de xuño de 2021, onde os centos de campistas de todo o mundo gozarán da boa gastronomía local, da natureza e dos recursos turísticos do municipio e da súa contorna cunha morea de actividades nas que se inclúen xogos populares, desfiles, visitas turísticas, entre outras.


Para o Presidente da FICC é un pracer estar de novo en Galicia, nun evento que se celebra por terceira vez en territorio español dende 1933, destacando a gran experiencia do comité organizador formado pola FECC na realización dos seus encontros nacionais, a apoio amosado polo Concello da Guarda e do Camping Santa Tecla. Joao Alves indicou que a decisión de facelo na Guarda estivo entre as opcións máis distinguidas xunto con Polonia, Croacia e Corea do Sur, pero a gran capacidade da FECC para a organización deste tipos de eventos foi clave para que finalmente A Guarda resultase gañadora, o que con levará unha promoción deste municipio a nivel mundial dende a FICC.

 

O Alcalde da Guarda agradeceu a todos os presentes a súa asistencia amosando unha vez más o compromiso do Concello para que este evento saia adiante e ben, agardando tamén que a situación provocada polo Covid-19 mellore de cara ao ano que ven. Antonio Lomba destacou a gran repercusión a nivel mundial e forte impacto turístico e económico que terá este evento para a vila, municipio que xa conta cunha longa traxectoria na organización e realización de eventos coma o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado o pasado verán ou festas de importante renome coma a Festa da Langosta, do Peixe Espada ou as Festas do Monte.

 

O acto de presentación desta 90º edición rematou coa firma do Convenio de Colaboración entre o Concello da Guarda e a FECC, que permitirá xestionar os recursos necesarios para que sexa un éxito.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.