• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Viernes, 31 de Julio de 2026

Actualizada Viernes, 31 de Julio de 2026 a las 19:10:22 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • La alcaldesa de Mos conoce en EVD Galicia un modelo pionero de vida independiente para personas con discapacidad

      La alcaldesa de Mos conoce en EVD Galicia un modelo pionero de vida independiente para personas con discapacidad

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Mercatea abre sus puertas en Ponteareas el 1 de agosto

      Mercatea abre sus puertas en Ponteareas el 1 de agosto

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • El VIDOC de la Policía Nacional vuelve a A Guarda en agosto para renovar el DNI y el pasaporte

      El VIDOC de la Policía Nacional vuelve a A Guarda en agosto para renovar el DNI y el pasaporte

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona transformará la rúa Hortas Reais en una plaza pública con 350.000 euros

      Baiona transformará la rúa Hortas Reais en una plaza pública con 350.000 euros

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Peregrinos, contra la hierba de la Pampa: una campaña frena su expansión en el Camino

      Peregrinos, contra la hierba de la Pampa: una campaña frena su expansión en el Camino

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Jueves, 20 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
VIGO

A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai

Das corenta institucións españolas incluídas na clasificación, Vigo aparece no posto 14.Das corenta institucións españolas incluídas na clasificación, Vigo aparece no posto 14.

Reigosa: "É un satisfacción que o esforzo dos investigadores nos volva posicionar entre as mellores"

O Academic Ranking of World Universities (ARWU) ou ránking de Shanghai do ano 2020, publicado onte, confirma o retorno da Universidade de Vigo entre as 600 mellores universidades do mundo, do total de 1000 institucións de educación superior, que avalía a clasificación elaborada pola organización independente Shanghai Ranking Consultancy. Logo de situarse o ano pasado no tramo 601-700, a UVigo recupera posicións neste 2020, retornando ao grupo no que se atopan as universidades clasificadas no tramo 501-600, no que xa aparecera nos anos 2017 e 2018. "É unha satisfacción comprobar que os esforzos dos investigadores da UVigo volven a nos posicionar entre as mellores 600 universidades do mundo", asegura o reitor Manuel Reigosa, que "responsabiliza" desta recuperación ao esforzo da comunidade universitaria, ao tempo que lembra que "desde o punto de vista institucional, a UVigo sempre apostou por incentivar a investigación e por primar os criterios de calidade das publicacións. Agora estamos a continuar nesa liña, pero incluíndo un grande impulso nos programas de captación e de retención de talento". Neste sentido, Reigosa destaca "o éxito" da institución por ser quen nos anos 2018 e 2019 de atraer novos científicos e científicas altamente citados (HCR), como Maurizio Battino. Francesca Giampieri e Bruno Mezzetti.

 

Precisamente, as e os investigadores altamente citados (HiCi) é un dos indicadores que avalía o ránking de Shanghai, que completa os seus criterios de clasificación co persoal docente (Award) e alumni gañadores de premios Nobel e medallas Fields (Alumni); os artigos de resultados de investigación publicados en Nature e Science (N&S); artigos indexados en Science Citation Index-Expanded e Social Science Citation Index (PUB) e o rendemento académico per cápita das institucións (PCP). "O ranking de Shanghai é unha referencia de primeira orde. En primeiro lugar porque é independente, en segundo lugar porque é obxectivo e ten criterios claros, coñecidos e estables e en terceiro lugar, porque ten a consideración en todo o mundo, sendo probablemente a principal referencia", argumenta o reitor.

 

Nunha edición do ránking na que as universidades de Harvard, Stanford e Cambridge encabezan a clasificación, a UVigo comparte o tramo 501-600 coas universidades españolas Politécnica de Madrid, Navarra, Illes Balears e Rovira i Virgill, situándose como a decimo sétima institución académica española do total de 40 universidades nacionais que figuran nesta edición do ránking. Respecto do ano pasado, a UVigo, ademais de ascender do tramo 601-700 ao 501-600, sube no global das institucións académicas españolas, que encabezan a Universitat de Barcelona, a Autónoma de Barcelona e a Complutense de Madrid, situándose no posto 14, empatada coas universidades antes citadas. En 2019, a UVigo quedara no tramo 18-21 das universidades españolas, xunto a Cantabria, Córdoba e Salamanca.

 

Cumprindo a folla de ruta para ser quen de retornar entre as 500 mellores

A mellora experimentada na posición da UVigo no ránking de Shanghai 2020 respecto do anterior, ademais de "amosar a vitalidade da institución e a súa aposta polo esforzo, mérito e capacidade", axuda, segundo o reitor a visibilizar a todos os niveis o seu posicionamento. "Isto pode redundar en moitas vantaxes, influíndo na captación de alumnado internacional ou facilitando a atracción de investigadores de alto nivel, o que redundará de novo en melloras institucionais. Asemade, pode repercutir nun mellor posicionamento para o traballo de transferencia e a colaboración coas empresas da contorna, que é un obxectivo fundamental do noso traballo como institución", asegura Reigosa.

 

 

 

 

Das corenta institucións españolas incluídas na clasificación, Vigo aparece no posto 14

 

 

 

 

Co gallo da publicación do ránking, o reitor lembra que no seu discurso de toma de posesión  apuntara como obxectivo chegar a estar de novo entre as mellores 500 universidades do mundo, un fito que a UVigo acadara consecutivamente nos anos 2011 e 2012. "Ata o de agora, imos cumprindo a folla de ruta, pero isto non garante que sexamos quen de chegar a esas posicións tan cedo coma me gustaría. O resto das universidades tamén incorporan melloras e a competición é totalmente aberta. En resumo: penso que debemos ter como obxectivo chegar a esas posicións de privilexio, sabendo que o importante non é o ránking, senón o traballo de calidade que se fai", sinala Manuel Reigosa.

 

Valoración dos datos do primeiro prazo de matrícula do curso 20-21

A publicación  do ránking de Shanghai coincide practicamente no tempo coa dos datos do primeiro prazo de matrícula dos graos con límite de prazas para o curso 2020-2021, que no caso da UVigo revelan que ata de agora se  cubriron 2234 prazas das 3665 ofertadas, o que representa unha porcentaxe de ocupación do 61%, que no caso da USC se sitúa nun 64 e no da UDC nun 52%.

 

Cara un curso que estará, tamén no ámbito universitario, marcado pola covid-19, así como polos cambios que se fixeron nas probas da ABAU, o reitor da UVigo avanza que "o ano pasado despois do primeiro chamamento tiñamos peores datos globais, tanto en valores absolutos, como en posición relativa con respecto ás outras universidades galegas, pero hai que ter en conta que hai un número moito maior de alumnado polos cambios na selectividade". A pesares de que a nivel estatal se preconizaba un descenso importante no número de estudantes matriculados en grao e mestrado, o reitor apunta que "polos datos que barallamos, parece que na UVigo imos resistir o tirón", unha circunstancia que Reigosa achaca, por unha banda a que as taxas en Galicia seguen a ser das máis baixas do Estado, así como a que haxa estudantes que prefiran quedar na comunidade e non arriscar a moverse a outras. "Pero penso que tamén os alumnos teñen claro que a Universidade de Vigo, a pesares das dificultades, fixo unha acertada aposta pola docencia non presencial cando foi preciso. Ademais, a UVigo no seu conxunto vai a facer o esforzo de maximizar, con prudencia, a docencia presencial neste curso e desde logo, estamos preparados para os distintos escenarios previsibles en canto á pandemia e se chegara o peche de centros, seguiríamos impartindo a docencia con certa 'normalidade', explica o reitor, que tamén lembra que a UVigo convocou cara o vindeiro curso novas bolsas para alumnado que teña membros da familia afectados por ERTEs ou EREs, co obxectivo de que "ninguén deixe de estudar na universidade por unha dificultade económica", sinala Reigosa.

 

Noticia anterior:
Vigo inicia a montaxe do alumeado de Nadal
Noticia siguiente:
Aumentan a case 20 os graos que comezarán impartíndose na UVigo
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.241

Todavía no hay comentarios

Actualidad

La cesta de la compra sube un 0,5% en julio y se acerca al máximo de abril

La cesta de la compra sube un 0,5% en julio y se acerca al máximo de abril

España lidera las incidencias bancarias en Europa, con uno de cada tres clientes afectados

España lidera las incidencias bancarias en Europa, con uno de cada tres clientes afectados

Alertas en carretera: qué hacer si te encuentras con un incendio forestal mientras conduces

Alertas en carretera: qué hacer si te encuentras con un incendio forestal mientras conduces

El eclipse solar de agosto puede salir caro al volante: multas de 200 euros por pararse en la carretera

El eclipse solar de agosto puede salir caro al volante: multas de 200 euros por pararse en la carretera

Opinión

La vivienda: el derecho que España convirtió en un lujo

Cómo cambian los hábitos de compra durante las vacaciones de verano

Personas con derechos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Detenido un vecino de Meaño por provocar numerosos incendios forestales en Sanxenxo

Detenido un vecino de Meaño por provocar numerosos incendios forestales en Sanxenxo

Un matrimonio de Ourense, investigado por estafar a un hostelero en Sanxenxo con el 'timo del cambio

Un matrimonio de Ourense, investigado por estafar a un hostelero en Sanxenxo con el 'timo del cambio

Golpe al furtivismo en Bueu: decomisan 165 kilos de pescado y centolla en veda camino de Ons y un restaurante

Golpe al furtivismo en Bueu: decomisan 165 kilos de pescado y centolla en veda camino de Ons y un restaurante

La Guardia Civil investiga a diez menores por robos y daños en Cambados

La Guardia Civil investiga a diez menores por robos y daños en Cambados

Agenda

Julio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Galicia

La emergencia cinegética se extiende a toda Galicia por el jabalí

La emergencia cinegética se extiende a toda Galicia por el jabalí

La nueva PAU gallega refuerza la coordinación entre Xunta y universidades

La nueva PAU gallega refuerza la coordinación entre Xunta y universidades

Provincia

El fútbol provincial se lleva 120.000 euros en premios

El fútbol provincial se lleva 120.000 euros en premios

Los clubs deportivos de la provincia podrán solicitar desde este viernes las ayudas del Plan ProDeporte

Los clubs deportivos de la provincia podrán solicitar desde este viernes las ayudas del Plan ProDeporte

Deportes

Siete atletas gallegos competirán en el Europeo de Birmingham

Siete atletas gallegos competirán en el Europeo de Birmingham

Ocho medallas y un récord gallego impulsan al atletismo autonómico en el Nacional de Málaga

Ocho medallas y un récord gallego impulsan al atletismo autonómico en el Nacional de Málaga

Galicia arrasa en el Nacional de Promesas con 12 oros y su cuarto títulos

Galicia arrasa en el Nacional de Promesas con 12 oros y su cuarto títulos

Motor

El interior de un coche al sol puede superar los 70 grados en solo media hora

El interior de un coche al sol puede superar los 70 grados en solo media hora

Salud

El eclipse de agosto exige gafas homologadas: las de sol convencionales no son seguras para observarlo

El eclipse de agosto exige gafas homologadas: las de sol convencionales no son seguras para observarlo

El desabastecimiento de Lenzetto dispara la preocupación y la búsqueda de alternativas en la menopausia

El desabastecimiento de Lenzetto dispara la preocupación y la búsqueda de alternativas en la menopausia

El calor agrava la sensación de piernas cansadas: claves para mejorar la circulación en verano

El calor agrava la sensación de piernas cansadas: claves para mejorar la circulación en verano

Turismo

Peregrinos, contra la hierba de la Pampa: una campaña frena su expansión en el Camino

Peregrinos, contra la hierba de la Pampa: una campaña frena su expansión en el Camino

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Vigo inicia a montaxe do alumeado de Nadal

Aumentan a case 20 os graos que comezarán impartíndose na UVigo

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder