Jueves, 04 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Narom farase cargo dos traballadores da recollida do lixo

A empresa “Narom S.L.” que se fixo cargo dende o pasado luns 17 da recollida do lixo no Porriño, subrogará aos traballadores que prestaban este servizo coa anterior empresa, “Ascan”.


Este foi o compromiso acadado , despois dunha reunión mantida polo goberno municipal co empresario. Encontro que presidiu a alcaldesa Eva García e no que participaron tamén Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde, e Sergio Casal, concelleiro delegado de Limpeza e Medio Ambiente.


A continuación, tanto Eva García como Sergio Casal comunicaron o acordo acadado aos traballadores e ás representacións sindicais de CIG e UXT.   


Os sete traballadores do servizo iniciaran onte concentracións de protesta diante do Concello para reclamar a subrogación que hoxe remataron nada máis coñecerse o acordo.


A alcaldesa explicou que “a pesares de que o contrato non puido ser licitado aínda, prevalece o establecido no Estatuto dos Traballadores que garante o dereito á subrogación. Polo tanto a empresa que se fai cargo agora da recollida do lixo manterá a plantilla preexistente segundo esiximos”, manifestou Eva García. A rexidora lembrou que “dende a Alcaldía sempre amosamos unha postura inflexible a favor de que os traballadores tiñan que ser subrogados a pesares de que estamos ante un contrato que aínda non se licitou pola súa complexidade e dificultades legais que xurdiron”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.