O PORRIÑO
O Festival Sons da Canteira chega ao Porriño o 29 de agosto
O primeiro Festival Sons da Canteira chegará ao Porriño o sábado 29 de agosto. Un evento artístico que recolle unha mostra varíada da música conteporánea galega nun entorno natural, unha canteira en restauración en Vilafria (Atios) que semella un anfiteatro de pedra. “Un escenario espectacular que funde a modernidade da proposta musical co protagonismo na historia recente da industria galega que significan as canteiras do Porriño”, segundo definiu a alcaldesa.
Cami Moreira, concelleira de Cultura e responsable da organización deste evento que patrocina o Concello, a través do seu departamento, lembrou que hai un precedente, en 1994, dun concerto nunha canteira no Porriño, a cargo de “Milladoiro” que se chamou “O son da pedra” ao que Cami asistiu. Evocou que “quedei abraiada do escenario natural”. A concelleira considera que estas iniciativas artísticas “poden dar unha visión e dimensión distinta destas explotacións industriais ao tempo que damos a coñecer ao Porriño dun xeito moito máis lúdico, usando ese entorno natural”.
Neste primeiro “Sons da Canteira” haberá catro actuacións. Abrirá o artista multimedia Juanma LoDo. Polo escenario seguirán o grupo “Baiuca”, Mercedes Peón e o dúo Laura Lamontagne e PicoAmperio. . Tamén colaborarán no festival catro compoñentes da Asociación “Os Penediños” de Atios.
No que atinxe ao cartaz do Festival, Adrián Fragueiro, de “Doppler Gestión Cultural”, promotor de “Sons da Canteira”, sinalou que “constitue unha radiografía de parte do panorama musical galego con xente moi nova que se vai comer o mundo coma Laura Lamontagne e PicoAmperio; artistas que xa amosaron que o folk galego e a electrónica casan como poucas cousas como é Baiuca e, finalmente, a experiencia e recoñecidísima traxectoria dunha auténtica eminencia da música dende principios deste século coma é Mercedes Peón”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126