Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Axudas para mellorar a imaxe do Camiño portugués en Pontevedra

A Xunta de Galicia vén de conceder axudas por importe de 107.858 euros para acometer accións de mellora paisaxística ao longo do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola provincia de Pontevedra. Neste itinerario foron beneficiarios os concellos de Vilaboa, Redondela, Valga e Pontecesures, así como 6 particulares doutros concellos como A Guarda, Oia, Caldas de Reis ou Pontevedra. Esta liña de subvencións enmárcase no Plan de Embelecemento da Ruta Xacobea dotada cun total de preto de 1,2 millóns de euros.  En virtude da mesma, o Goberno galego financiará o 75% das intervencións propostas polos beneficiarios, entre as que figuran actuacións en elementos que xeren un impacto visual nos itinerarios ou a restauración de bens do patrimonio etnográfico galego.

 

Xunto con esta liña de axudas, o Plan de embelecemento da Xunta inclúe un proxecto piloto realizado en colaboración coa Fundación Juana de Vega e que permitiu analizar e propoñer solucións de mellora paisaxística para 45 puntos situados na Ruta Xacobea. Esta iniciativa, que contou co asesoramento da Escola Galega da Paisaxe incluíu a elaboración dun manual de boas prácticas neste eido que servirá como referencia nas actuacións financiadas ao abeiro desta liña de axudas.

 

Cinco ámbitos de actuación

En concreto, as subvencións incluídas neste plan enmárcanse en cinco ámbitos de actuación. O primeiro deles céntrase en a intervencións sobre elementos etnográficos e a súa contorna e inclúe accións de valorización, mantemento, consolidación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, valados ou calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar.

 

O segundo contempla actuacións sobre casas e eiras, como melloras nas fachadas e nas cubertas empregando materiais propios da zona; mentres que a terceira liña abrangue intervencións no espazo agrario co fin de reducir o impacto visual que xeran elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico como naves, silos ou casetas. As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago complétanse con actuacións para incorporar a vexetación como elemento integrador da paisaxe ou actuacións nos trazados do Camiño co fin de substituír elementos do mobiliario urbano que polo seu estado de deterioro ou as súas características físicas resulten alleas á contorna da Ruta Xacobea.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.