Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 25 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa recusa ao concelleiro Abel Estévez

Eva García, alcaldesa de O Porriño iniciou expediente de recusación contra Abel Estévez Carrera, concelleiro do Partido Popular, ao incorrer en causa de abstención, no pleno municipal celebrado o pasado 7 de agosto. O expediente comunicouse xa ao interesado.


Tal e como a propia alcaldesa avisou ao devandito concelleiro, no debate do punto 1 da orde do día desa sesión, Abel Estévez incorrería en causa de abstención. O motivo era que o crédito extraordinario e recoñecemento extraxudicial que se debatía implicaba a unha factura emitida pola Real Federación Española de Balonmán, correspondente a organización da tempada 2018/2019.


No relato de feitos do escrito de recusación instruído pola Alcaldía, explicase que Abel Estévez é presidente do club así como adestrador. Por esa segunda actividade obtén unha retribución, segundo a documentación aportada ao Concello, entre as que figuran as nóminas do señor Estévez. Asimesmo aportase a efectos probatorios da recusación, documentación de que Abel Estévez traballou para a Real Federación Española de Balonmán coma adestrador da Selección Absoluta Feminina B. E tamén basease a recusación no feito de que a RFEBM impón un réxime de obrigas económicas a satisfacer polos clubs participantes nas súas competicións oficiais que no caso de non aboar supoñen a perda da categoría.


Segundo explicou a alcaldesa “Abel Estévez ten o deber previo de absterse do debate e votación porque incorre nunha das causas de incompatibilidade descritas na Lei de Bases de Réxime Local, pois a súa presenza é determinante para a adopción dun acordo, con independencia do sentido final do seu voto”.


O escrito de recusación conclue ordeando que se declare nulo o acordo do punto 1 do pleno municipal do pasado 7 de agosto; que se ten por iniciado expediente de recusación contra o concelleiro Abel Estévez  ao que se lle concede o prazo de alegacións por escrito que lle corresponde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.