GALICIA
Política Social detalla o protocolo de reapertura
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuserecentemente coas responsables destes centros
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuse recentemente coas responsables das casas niño de toda Galicia para detallar o protocolo de reapertura destes centros de conciliación no rural no vindeiro mes de setembro. Galicia dispón desde o mes de xullo dun Plan de reactivación con medidas específicas para os centros educativos de 0 a 3 anos nos que tamén se inclúen estes centros situados en concellos de menos de 5000 habitantes.
Amparo González abordou coas súas responsables este Plan de reactivación no que se recollen medidas tanto previas ao comezo da actividade como cuestións organizativas, referidas á hixiene e á limpeza ou de actuación ante un posible caso. Por exemplo, os profesionais non irán traballar en caso de presentar algún síntoma compatible, garantirase en todo momento a distancia de seguridade entre profesionais e persoas alleas ao centro, evitaranse na medida do posible actividades grupais e reforzarase o control do acceso ao centro.
Así mesmo, tamén se intensificarán as medidas de hixiene e limpeza, os profesionais empregarán roupa de uso exclusivo dentro do centro e as nenas e nenos, se non poden ir descalzos, tamén un calzado especial. O persoal traballador usará máscaras de protección.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44