O PORRIÑO
Narom farase cargo dos traballadores da recollida do lixo
A empresa “Narom S.L.” fíxose cargo dende o pasado luns 17 da recollida do lixo no Porriño e subrogará aos traballadores que prestaban este servizo coa anterior empresa, “Ascan”.
Este foi o compromiso acadado despois dunha reunión mantida polo goberno municipal co empresario. Encontro que presidiu a alcaldesa Eva García e no que participaron tamén Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde, e Sergio Casal, concelleiro delegado de Limpeza e Medio Ambiente.
A continuación, tanto Eva García como Sergio Casal comunicaron o acordo acadado aos traballadores e ás representacións sindicais de CIG e UXT.
Os sete traballadores do servizo iniciaran concentracións de protesta diante do Concello para reclamar a subrogación .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126