SALUD
Coidar a pel coas máscaras
O uso de máscaras, sobre todo naquelas persoas que as teñen que utilizar de forma constante polo seu traballo, acaba ocasionando problemas que se agravan coas altas temperaturas. “Empezamos a ver na poboación patoloxías que eran xa frecuentes en profesionais sanitarios, como dermatites de fricción e dermatite de contacto irritativa, nas zonas en que hai máis contacto entre a máscara e a pel: a ponte nasal, detrás das orellas ou nas fazulas”, explica a Dra. Sánchez-Aguilar. Igual que ocorre co xel hidroalcohólico, nas persoas que presentan algún problema, como dermatite seborreica, rosácea ou acne, estas patoloxías empeoran co uso da máscara.
Para evitalo ou minimizar as súas consecuencias todo o posible, a dermatóloga recomenda unha boa hixiene ao retirar a máscara e o uso de cremas hidratantes adecuadas ao tipo de pel e á idade da persoa, así como evitar o uso de maquillaxe, xa que ten un efecto oclusivo e pode empeorar estas patoloxías de base e provocar unha irritación aínda maior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129