Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 30 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Érguete forma en educación emocional ás mulleres internas na prisión de A Lama

As mulleres recibirán formación enfocada a “afrontar distintas situacións dentro da súa vida en prisión e fóra dela”

A vida en prisión supón un gran desgaste emocional. As persoas internas están lonxe dos seus seres queridos e nun encerro total. As catro paredes das súas celas fanse moi pequenas e as debilidades psicolóxicas afloran. Por iso, a Asociación Érguete dentro do seu programa Mírate, enfocado en mellorar as condicións de vida das mulleres na prisión de A Lama e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, formará a dez mulleres en educación emocional para tratar de dótalas de ferramentas para lidar mellor cos seus sentimentos e pensamentos.

 

Os talleres comezan esta semana e durarán ata mediados de setembro. O encargado da actividade e o psicólogo da Asociación, Rodrigo Alonso, explica que a primeira vez que realizou esta formación en A Lama o ano pasado “as mulleres responderon xenial e aprenderon a afrontar varias situación da súa vida”, e espera que este ano os resultados sexan igual de positivos.

 

Este ano a actividade volverá a centrarse na xestión do estres, do autocoñecemento, pero tamén de afrontar as situacións derivadas da crise sanitaria enumera Alonso. Para o psicólogo a “esta formación e moi necesaria na vida diaria das mulleres privadas de liberdade en prisión, pero tamén fóra dela.”, porque para el para vivir en comunidade é necesario “saber xestionar as nosas emocións”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.