O PORRIÑO
Educación supervisa as obras realizadas nos CEIP de Atios e Antonio Palacios
O xefe territorial, César Pérez Ares, confirmou a reforma en dúas aulas da casa do conserxe no CEIP de Atios para acoller o desdobre programado pola dirección; e a reparación completa no muro exterior no caso do Antonio Palacios
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional representada polo seu xefe territorial, César Pérez Ares, supervisoua semana pasada as obras acometidas polo departamento autonómico nos CEIP de Atios e o Antonio Palacios, ambos na localidade pontevedresa do Porriño, cunha inversión que supera os 50.000 euros.
No primeiro caso, falou da adaptación da antiga casa do conserxe en dúas aulas que darán resposta ás necesidades previstas ante o desdobramento de unidades (grupos de clase). Unha actuación valorada en 48.390,07 euros.
En canto ao CEIP Antonio Palacios, o representante do Executivo autonómico en materia de Educación na provincia referiuse as malas condicións nas que se encontraba o muro exterior que foi reparado por completo. Unha obra cuxo custe ascendeu a 12.000 euros.
Asemade, aproveitou a visita para comprobar cos equipos directivos de ambos centros a adaptación destes colexios ao protocolo fronte á COVID -19
Asemade, o xefe territorial aproveitou a visita para comprobar in situ o plan organizativo que está levando a cabo o equipo directivo destes colexios de acordo co Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborado polas Consellerías de Educación e de Sanidade. Así, autorizou a flexibilidade horaria proposta polos centros escolares, a desescalada de entradas e saídas e o uso de espazos comúns co obxectivo de cumprir coas indicacións das autoridades sanitarias.
Segundo dixo, ambos contan cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.
Con todo, Pérez Ares lembrou que o propio Protocolo xa especifica que todas as medidas nel recollidas poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Polo tanto estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.
A finalidade, tal e como destacou, non é outra que garantir un inicio de curso seguro a nivel sanitario e dentro da máxima normalidade posible no marco actual. E neste contexto, aproveitou para lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos pais e nais de cara o comezo das clases, pois sinalou que a implicación e organización dos equipos directivos dos centros “está a ser exemplar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126