VIGO
Abel Caballero reúne ao seu consello asesor para analizar a evolución do Covid-19
Abel Caballero presidiu este martes a reunión co seu consello asesor persoal creado o pasado mes de abril para analizar a evolución da pandemia do Covid-19 na cidade. Segundo explicou o alcalde, as xuntanzas levaranse a cabo de forma periódica
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniu este martes ao seu consello asesor persoal para analizar a evolución da crise sanitaria do Covid-19 na cidade. Na xuntanza participaron os representantes do ámbito médico, universitario e administrativo que forman parte do comité.
“Por fortuna a expansión da pandemia en Vigo é inferior a de outras zonas, pero os expertos continúan a recomendar como mellor método as tres normas básicas de máscaras, distancia social e hixiene”, sinalou o rexedor.
Caballero insistiu en que “hai que tes especial coidado no uso e colocación de máscara” e fixo fincapé en que “debemos implantar a rutina da limpeza permanente”. O alcalde tamén apuntou que “a nova cultura que debemos ter pasa por estas tres normas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191