VIGO
O Concello cofinancia a conexión de Barxa de Covelo coa Travesía de Gandarón
A colaboración público privada permitiu acometer as obras de conexión entre a rúa Barxa do Covelo con Gandarón, un proxecto de 390.000 euros dos que o Concello achegou 150.000 euros. O alcalde eloxiou esta cooperación e agradeceu a súa implicación á empresa Alvariño Inversións S.L.
O alcalde visitou esta mañá as obras de conexión da rúa Barxa do Covelo -avenida de Madrid - con Gandarón un proxecto de 390.000 euros e unha lonxitude de actuación de 103 metros. Segundo avanzou o alcalde nunha rolda de prensa previa, esta obra é froito dun convenio de colaboración coa empresa Alvariño Inversiones S.L. para darlle saída a rúa Barxa do Covelo con Gandarón polo que o Concello cofinanciou os traballos con 150.000 euros, nun “bo modelo de cooperación” que o rexedor agradeceu ao empresario José Manuel Fernández Alvariño, ao tempo que tivo un recordo para a figura do seu pai, Salvador pola súa gran labor no tecido empresarial vigués.
Trátase dunha rúa con dous carrís, unha liña de aparamento e beirarrúas de 1,8 m. Instaláronse servizos de alumeado, abastecemento, saneamento, telecomunicacións e electricidade, co soterramento de todos os tendidos aéreos. Tamén hai unha reserva de estacionamento para vehículos portacoches nunha praza de 30 metros lineais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191