Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 31 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anuncia unha importante actuación na mellora paisaxística no Camiño de Santiago

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciu  unha importante actuación na mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan no Camiño de Santiago ao seu paso por Ameirolongo, na parroquia de de Sanguiñeda e que será executada a través dunha  axuda concedida pola Consellería de Cultura e Turismo por importe total de 20.000 € dos que 15.000 € serán asumidos pola Xunta e 5.000 € polo Concello.


Sara Cebreiro, Conncelleira de Cultura e Turismo declarou que “As obras que se pretenden realizar suporán unha mellora estética importantísima, tendo en conta ademáis a chegado do ano Xacobeo en 2021”.

 

O Concello persigue como principal obxetivo que os peregrinos teñan un bo recordo do seu paso por Mos, que se fagan fotos por atopar lugares que lle parezan agradables e acolledores e que o seu paso polo concello de Mos sexa para recordar.

 

Esta actuación moi demandada pola Mesa do Camiño de Mos e que a administración local considera de gran importancia delimitaraunha zona axardinada a saída do túnel de ameirolongo túnel que se atopa baixo un carril de saída da Autovía (dirección Redondela), delimitando as zonas verdes e a prantación a cada un dos lados do camiño.

 

Ademais procederase ao pintado dunha senda peonil no asfalto de 1,25 m de ancho, en cor verde e delimitado por dúas franxas brancas a cada lado.


Asemade procederase ao pintado de sinais de velocidade e peons. A lonxitude total da senda será de 290,50 m., en dous tramos, xa que o concello xa executou e sinalizou un tramo (o mais propenso a accidentes).


Na fonte de Ameirolongo, procederase a substitución dos bancos de pedra e ao plantado dun sebe de photonias na zona posterior da fonte.

 

A continuación procederase a realización e colocación de salvacunetas nunha zona perigosa para os peóns na que poden caer a unha profundidade de 50 cm.


Disporanse lousas de formigón no oco existente e asfaltarse a zona que presenta vexetación para evitar que nazan malas herbas e así obter mais ancho para os peóns.


Como remate procederase ao pintado e sinalizado da senda ata a confluencia coa estrada N-550.


Levarase a cabo ademáis a retirada da vexetación, terras e lixo procedente de vertidos dos colectores de lixo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.