Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 31 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Rubén de Mrina e Sebastián Cocucci abren a previa do Festival de Cans

Será a primeira vez que a exposición “Fuera de Escena”, do porriñés Rubén de Marina se exhiba en Galicia, despois de pasar por Matadero de Madrid

¿Cal sería a expresión da túa cara se vises a morte de fronte? Esa é a pregunta na que se basea a exposición “Fuera de Escena”, cuxa inauguración na noite deste martes -20 horas- na traseira do Centro Cultural do Porriño suporá a previa do XVII Festival de Cans.



No proxecto artístico, desenvolto polo escritor Rubén de Marina, natural de Cans, e máis o fotógrafo Sebastián Cocucci, participan 16 actores e actrices, entre eles Luis Tosar, Itziar Castro, Óscar Jaenada e Yolanda Ramos.



A mostra estivo exposta na Sala Matadero de Madrid e chega a Galicia por vez primeira e suporá a previa ás actividades do Festival de Cans no Centro Cultural do Porriño. Deste xeito, o certame dalle continuidade a unha liña de programar exposicións, comezada a desenvolver o pasado ano, no que Cans promoveu a exposición fotográfica “Outra pel, outro rostro”, de Cris Andina.

 

 

 

 

Na exposición de fotografía e textos explórase a relación coa morte con actores e actrices coma Luis Tosar, Itziar Castro ou Óscar Jaenada

 

 

 



Na inauguración de “Fuera de Escena”, prevista para as 20,00 horas deste martes, estarán presentes os autores Rubén de Marina e Sebastián Cocucci e Cami Moreira, en representación da Concellería de Cultura do Concello de o Porriño que patrocina esta iniciativa. A partir desta hora, haberá visitas guiadas á exposición en grupos dun máximo de 10 persoas. As persoas que agarden a súa quenda, poderán desfrutar da excepcional voz da artista porriñesa NoemíFernández, finalista de La Voz Kids e do Tour Music Fest europeo, que preparou un repertorio especial para a ocasión con cancións vencelladas con películas. Deste xeito, esta previa do festival ten intención de ser un espazo para dar visibilidade ó talento dos artistas locais.



Seguridade: rexistro obrigatorio

Como xa comunicou o certame nos últimos días, só poderán acceder ás proxecións e actividades do festival as persoas que estén rexistradas ou mercaran unha entrada.



Para asistir a calquera das actividades do Festival de Cans deste ano haberá que ter entradas, ou haberá que rexistrarse, no caso das actividades de balde. Esta política forma parte dos protocolos anti-covid postos en marcha dada a situación sanitaria. E este á o caso tamén do evento de inauguración da exposición “Fuera de Escena”: quen queira asistir debe inscribirse enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca@porrino.org.



“Fuera de Escena” poderá verse ata o 30 de setembro de 10 a 14 horas na traseira do Centro Cultural, un espazo no que o Festival de Cans programará este ano outras actividades coma a súa sección Lendo Cine, a proxección dos videoclips a concurso ou o concerto da artistia viguesa Babykatze.



O rexistro para asistir á exposición pode facerse, sen custe, na tenda en liña do Festival de Cans -https://tenda.festivaldecans.com/-. Alí tamén se poden mercar, só ata a medianoite do día de hoxe, as entradas para asistir ás actividades de pago.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.