Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Oito novos centros públicos da Provincia únense ao plan de mellora de bibliotecas

En total serán 705 centros públicos os integrados no curso 2020/2021 nesta iniciativa

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/21. A través dela, incorpóranse a este programa un total de 8 centros públicos da provincia de Pontevedra, que se relacionan na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

Pontevedra

Marín

CEIP de Ardán

Pontevedra

Marín

IES Chan do Monte

Pontevedra

Neves, As

CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

Pontevedra

Oia

CEIP de Refoxos

Pontevedra

Ponte Caldelas

CEIP Plurilingüe A Reigosa

Pontevedra

Salceda de Caselas

CRA Raíña Aragonta

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CRA A Lagoa

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

EOI de Vilagarcía

 

En total formarán parte do PLAMBE este curso un total de 705 centros públicos de toda Galicia. Na provincia de Pontevedra serán 285 centros públicos os que participen nesta iniciativa.

 

Fondos
A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700‬ €.. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.

 

Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.

 

Por outra banda, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.