MOS
Mos reanuda as Comisións de Seguemento da COVID
Retómanse como preparación ante posibles rebrotes e para poñer en marcha o protocolo de prevención deseñado para todas as instalacións que reabren este mes e que permanecían pechadas desde marzo
Tras a última Comisión de Seguemento que era a 16ª e que se celebraba o pasado 17 de xuño, esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos unha nova sesión (a número 17) da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos coa que se reanudou a celebración periódica desta Comisión de Seguemento, na que se analiza e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus.
A Comisión que hoxe se retomou, foi presidida pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, quen declarou ao respecto que “queremos estar preparados ante posibles rebrotes e sobre todo poñer en marcha o protocolo de prevención que temos deseñado para todas as instalacións que reabren este mes e que permanecían pechadas desde marzo, tales como as Escolas Infantís, os colexios, campos de fútbol, Piscina Municipal e pavillóns”.
O devandito protocolo incluirá, entre outras moitas medidas, a vixiancia por parte dos 8 axentes da Policía Local de Mos de colexios, Escolas Infantís, Instituto, campos de fútbol e pavillóns; as directrices a seguir tanto polo persoal como polos usuarios das instalacións, a desinfección exterior das mesmas coordinada entre a empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza e o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos… etc.
Para informar aos colectivos interesados respecto das novidades, medidas, e datas de reapertura, iniciouse unha nova ronda de reunións entre o equipo de goberno, técnicos municipais e membros do tecido asociativo mosense. Precisamente esta tarde terán lugar dúas destas xuntanzas nas dependencias da Axencia de Colocación de Mos, coas ANPAS das Escolas Infantís e, a continuación, coas ANPAS dos CEIPs. Durante os próximos días iranse celebrando novas reunión como a que se manterá cos clubes deportivos que fan uso dos pavillóns municipais, etc.
Ademais durante a Comisión de Seguemento desta mañá abordouse tamén a inminente reanudación da entrega de alimentos de Mos Axuda con motivo da COVID-19, habendo prevista unha próxima entrega este mesmo mes de setembro; e do servizo de apoio por parte de Emerxencias e Protección Civil aos fogares con algún membro contaxiado mediante a realización da compra no supermercado e farmacia, desinfeccións, traslado á realización das pertinentes probas médicas, revisións… etc. Ademais continúa en activo o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) Temporal Extraordinario posto en marcha como reforzo ante a pandemia e que en ningún momento se interrompeu desde a súa posta en marcha. Este SAF extraordinario continuará de momento, polo menos ata finais de ano.
A data prevista para a reapertura dos Campos de Fútbol Municipais de Cototorrón e As Baloutas, dos Pavillóns Municipais e da Piscina Municipal sita no Pavillóns Óscar Pereiro é o 14 de setembro. O resto das instalacións do Pavillón Óscar Pereiro está previsto que abran as súa portas ao público o 15 de outubro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11