Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Doce positivos por COVID-19 na Guarda en dous brotes familiares

O concello da Guarda informa da situación na localidade en relación ao COVID-19

A  2 de setembro de 2020, na Guarda hai rexistrados 12 positivos por COVID-19 asociados a dous brotes familiares. Sanidade, por tratarse de infeccións relacionadas con brotes, tomou medidas de prevención para evitar posibles consecuencias en grupos de risco, a vez que se realiza un rastrexo e os test necesarios para controlar a súa propagación.


Con motivo desta situación, Sanidade comunícalle a residencia de maiores Monte Tecla a restrición de saídas ao exterior e visitas, xa limitadas pola dirección dende o pasado 11 de agosto. A súa vez a residencia manterá pechado o centro de día. Neste centro realizarase a proba PCR a todos os residentes e traballadores.


A medidas preventivas tamén afectan a outros centros socionanitarios. San Xerome pechará durante 15 días o centro de día, así como as seccións educativa e ocupacional. Avelaíña suspenderá, durante a próxima quincena, a atención grupal, mantendo o servizo de citas previas, a atención telefónica e teleatención. A súa vez tomará as medidas de prevención necesarias no piso protexido que xestiona.


O club da 3ª idade, que tiña previsto reabrir as súas portas o día 1 de setembro, retrasa esta reapertura 15 días.
A súa vez, un centro privado afectado por un positivo, a ludoteca DivierTT, activou o protocolo recomendado polo servizo de epidemioloxía da Xunta para facerlle a proba PCR a todas as persoas puideron ter contacto directo con este positivo, os nenos e a monitora do grupo.


Dende o concello tamén queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación en xeral indicando que se está facendo o necesario para rastrexar e controlar os brotes. Temos que ser conscientes da nosa vulnerabilidade, o virus está aí e debemos tomar as medidas de prevención recomendadas para evitar o seu espallamento: distancia social, hixiene de mans e uso da mascarilla.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.