GONDOMAR
Ferreira despide aos participantes do minicampamento de igualdade “Cocreando”
A iniciativa, que se desenvolveu durante o mes de agosto, propuxo aos seus participantes iniciativas e xogos cuxo obxectivo principal era sensibilizar ás novas xeracións na loita pola igualdade
Organizados pola concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, estes minicampamentos marcáronse como obxectivo prioritario “alentar o pensamento crítico nos seus participantes, facéndolles cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”.
Así mediante xogos, concursos ou vídeos os participantes podían descubrir e debater sobre os estereotipos sociais que están plenamente integrados no noso día a día e sobre os que se busca que se senbilicen para lograr que a igualdade entre homes e mulleres sexa unha realidade.
Os minicampamentos desenvolvéronse no mes de agosto en dúas quendas cun máximo de 10 participantes en cada unha delas, sempre cumpríndose as medidas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes na materia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184