Martes, 31 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 31 de Marzo de 2026 a las 18:26:21 horas

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño pide axuda ao Goberno e á Xunta pola falta de cobertura telefónica

A alcaldesa enviou escritos ás compañías que operan na zona e solicitou o apoio da subdelegada do Goberno e do xefe territorial da Consellería de Economía e Industria

O Concello de Tomiño vén de pedir axuda ás administracións autonómica e central para lograr unha solución ao tema da falta de cobertura de telefonía móbil e internet en distintas zonas do municipio, que cada vez é peor.

 

A alcaldesa Sandra González dirixiuse, concretamente, á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Mª Carmen Larriba García, e ao xefe territorial da Consellería de Economía e Indistria, Ignacio Rial Santomé, explicándolles en sendas cartas a situación que vive a veciñanza de moitas zonas do municipio, ás que non chega a cobertura prometida no seu momento polas compañías de telefonía.

 

A rexedora explica nas misivas os trazos característicos da vila, con 14.000 habitantes, dos cales un 60% ten menos de 60 anos; cunha economía que se asenta nun sector agrario importante, coa planta ornamental á cabeza da produción e exportación, e tamén pequenas empresas e autónomos que traballan dende as súas vivendas, sobre todo, na situación sanitaria pola que estamos pasando.

 

“A cobertura de telefonía móbil está sendo un lastre para os veciños e veciñas, que ven entorpecida a súa vida diaria, e tamén para o sector empresarial, que non pode desenvolver ben a súa actividade... núcleos con alta densidade de poboación onde non hai cobertura con ningunha compañía”, explica a alcaldesa. Trátase de “zonas escuras” coma, por exemplo, a estrada PO-552 no treito Carregal-Torrón, ao longo de case 10 km. Polo mesmo, as queixas da veciñanza que, por mor do Covid-19, traballa máis dende a casa que antes, son continuas no Concello.

 

A ambos mandatarios a alcaldesa pide que demanden ante as compañías unha mellora do servizo de telefonía móbil e que tomen as medidas para facer que se estendan as coberturas de internet que estaban previstas.

 

Asemade, a rexedora local dirixiuse de forma simultánea a cada unha das compañías que operan na zona, explicando que no novo contexto de crise, o traballo remoto ten sido e segue a ser de vital importancia para boa parte da poboación, polo que se precisa un bo funcionamento das novas tecnoloxías. “Actualmente, os veciños e veciñas teñen trasladado a este Concello múltiples queixas pola deficiente cobertura, sobre todo, nas horas punta; un malestar que compartimos e do que deixamos constancia a través dos escritos enviados, agardando que se leven a cabo as melloras precisas para solucionar esta situación coa maior présa posible”, advirte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.