PROVINCIA
O dogo arxentino Bucanero campión da 93ª Exposición Nacional Canina
ESTE EXEMPLAR, QUE COMPETIU CONTRA 280 CANS DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPAÑA, PERTENCE A REBECA VALLELLANO, DE MADRID
O dogo arxentino Bucanero La Alcana alzouse este pasdo domi go como campión da 93ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal se disputou neste recinto feiral dende primeira hora da mañá.
Este can, que é o Best in Show de toda a Exposición, pertence a Rebeca Vallellano, de Madrid. O reserva foi un can de raza carlino de nome Los Chatos del Norte Set Fire to de Rain, de José Luis e Mercedes Santiago Pier, de A Coruña, mentres que o terceiro acadouno o samoyedo Samspring León Killer, de Pedro Miguel Da Silva Brito, de Portugal.
Estes exemplares foro elixidos como os mellores da Exposición entre 280 cans de distintos puntos de España que competiron nas finais da categoría de “Adultos”, ás cale poden optar tamén os cans con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.
Ademais, no resto das categorías, tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” o vencedor foi o samoyedo Samspring Dreamaker I,m Legendary, tamén do portugués Pedro Miguel Da Silva Brito, mentres que en “Cachorros” foi o can sen pelo mexicano Montenegro Arena, da portuguesa Filipa Santos.
En “Xóvenes” o gañador foi unha femia de braco de weimar de pelo corto de nome Camelot´s She,s My Best Girl, de Jordi Torres Gamero, ao tempo que en “Veteranos” o campión foi a spaniel continental enana Snob-Zone African Moon, propiedade de Aurora Arnanz. de Segovia.
![[Img #64684]](https://xornal21.com/upload/images/09_2020/9732_participante-na-93a-exposicion-nacional-canina-4.jpg)
En “Razas Españolas” gañou o podenco ibicenco de pelo duro Isaac de la Sierra de Ávila, de Arturo García, de Ávila Recoñeceuse ademais a mellora “Parella”, conformada polos exemplares de pequeno lebrel italiano Fento do Ceo da Marquesa e Piccolitas Danae, de Miguel Ángel Álvarez, de A Coruña. O mellor “Grupo de Cría” estivo conformado por os tres podencos ibicencos de pelo duro do afixo de Arturo García, de Ávila, de nomes Isaac de la Sierra de Ávila, Ubeda de la Sierra de Ávila e Ulises de la Sierra de Ávila.
O RESERVA FOI UN CARLINO DE NOME LOS CHATOS DEL NORTE SET FIRE TO THE RAIN, MENTRES QUE O TERCEIRO POSTO ACADOUNO O SAMOYEDO SAMSPRINGLEON KILLER
Nesta 93ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, que ten como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores cans para a cría, participaron en total cerca de 350 exemplares de máis de 100 razas procedentes de distintos puntos de España. Foron valorados por cinco xuíces que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.
Esta cita, organizada pola Sociedade Canina Galega, é de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. Os participantes tamén obtiveron nesta competición puntos para o Campionato de España.
Por outra banda, estas competición, xunto coas de mañá domingo, puntúa para Mellor Can do Ano en Galicia dos Socios da Sociedade Canina Galega, campionato para os membros desta entidade que comeza o día 1 de xaneiro e finaliza co último concurso do ano. Ademais, tamén xunto coas que terán lugar mañá, serve para seleccionar aos cans que serán convidados á Gala TOP32, á cal asistente os 32 cans que obtiveron máis méritos durante todo o ano anterior nas exposicións e concursos que celebra a entidade en Galicia. Dado que este evento ten lugar na primeira exposición do ano seguinte, os seleccionados este ano participarán na Gala TOP32 do 2021.
Mañá, competición nacional e internacional
Mañá disputaranse a 94ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 41ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, para as cales se habilitarán cinco rings. Participarán máis de 350 cans de España, Portugal e Inglaterra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104