Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 07 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Acometida a mellora do Camiño da Quiringosta na parroquia de Mos

A Consellería do Medio Rural aporta ao Concello de Mos máis de 35.000 euros para realizar a obra

Hoxe realizouse o asfaltado e mellora da seguridade viaria no Camiño da Quiringosta, labores que foron supervisadas esta mañá pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e polo tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto.

 

O pasado 10 de xullo informábase desde o Concello de Mos de que viña de ser concedida á administración local mosense unha subvención do Plan Marco –Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2020/2021 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.

 

A devandita axuda permitiu acometer o proxecto de mellora da seguridade viaria no Camiño de Quiringosta, Zapateira, parroquia de Mos, que quedou rematada durante a xornada de hoxe.

 

Esta obra de mellora viaria ten un orzamento total de 42.769,87 euros, sendo o importe da subvención autonómica concedida de 35.347 euros e a aportación do Concello de 7.422,87 euros.


Deste xeito o Concello de Mos e o equipo de goberno local continúan dando pasos na súa folla de ruta e manteñen o seu obxectivo de realizar unha batería de asfaltados ao ano, que forman parte do Plan Anual de Mellora de Viais Municipais.

 

Preténdese así que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. É por e para elo o Concello pon en marcha periódicamente o seu Plan Anual de Mellora de Viais Municipais, acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños.

 

A mellora da seguridade viaria a través de reposición do firme era necesaria neste vial que hoxe foi optimizado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.