Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 15 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación renderá homenaxe ás/aos deportistas de alto nivel e promesas en Castrelos

O goberno aproba as bolsas para os 224 deportistas que este ano alcanzaron a marca provincial cun orzamento de 233.000 euros, 52.000 máis que en 2019

O parque de Castrelos en Vigo acollerá o vindeiro 24 de setembro unha gala, “con todas as medidas de seguridade”, na que a Deputación de Pontevedra renderá homenaxe ás e aos deportistas de alto nivel e promesas da provincia. “Queremos facerlle un recoñecemento –asegurou a presidenta- a estes homes e mulleres que levan o noso nome a nivel nacional e internacional e que, en moitas disciplinas, son as e os máis grandes”. Neste eido, o goberno provincial vén de aprobar a concesión de axudas a 224 deportistas de alto nivel (Depo Dan) e promesas (Depo Promesa), que foron reforzadas este ano con 51.800 € máis que no 2019 para “responder ás novas necesidades derivadas da covid”.

 

 

 

 

Carmela Silva: “É un recoñecemento a estes homes e mulleres que levan o noso nome a nivel nacional e internacional e que, en moitas disciplinas, son as/os máis grandes”

 

 

 

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que “se sempre foi importante o apoio da Deputación ao deporte, nestes momentos de pandemia, onde temos tantas problemáticas, por contaxios, límites de aforamentos, emprego de mascarillas, mantemento das distancias de seguridade, temos que facelo aínda máis”. Deste xeito, o goberno ampliou este ano os recursos das bolsas dirixidas a deportistas de alto nivel e promesas que pasaron dos 180.600 € do 2019 aos 232.400 € deste ano.


As bolsas Depo Dan e Depo Promesa permitirán ás persoas deportistas “adestrar, preparar os seus obxectivos e participar en competicións internacionais e nacionais”.  Así, serán un total de 224 as persoas que se beneficiarán das achegas, das que 151 son deportistas de alto nivel e recibirán 187.300 € e 73 promesas e contarán con 45.100 €. Amais, das 224 persoas con bolsa da Deputación, 92 son mulleres, 61 deportistas de alto nivel e 31 novas promesas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.