Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 14 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

David Fernández logra o ouro Júnior e Zoe del Río proclámase subcampión en Castejón de Sos

O Enduro galego colgouse tres medallas no Campionato de España celebrado este domingo en Castejón de Sos (Huesca). A Selección de Galicia logrou un dobrete na competición júnior masculina con David Fernández proclamándose campión por diante de Zoe del Río. O máster-30 Santos Lemos, defendendo as cores da Grupeta Pan de Zarko, asinou a outra presenza no podio da delegación autonómica ao rematar segundo na categoría ‘A’ do seu grupo de idade.


A aposta pola base que realizou a Federación Galega de Ciclismo para esta cita deu os seus froitos. Dos sete riders que luciron as cores da Selección no Pirineo Aragonés, cinco eran juniors e catro deles clasificáronse entre os sete primeiros.


No evento que inaugurou o calendario de campionatos estatais de BTT no 2020 disputáronse cinco treitos cronometrados, que sumaban 11,5 quilómetros. A eses parciais había que engadir os sectores de enlace para completar un total de 38 km e un desnivel acumulado de 1.750 metros.


Fernández tomou o mando da súa categoría dende a primeira referencia. O rider tudense do Avanza estableceu o mellor tempo no mítico sector do Galliñero, o máis longo de toda a xornada, conseguindo unha renda de 11 segundos respecto a Del Río. A súa vantaxe sobre o marinense do XSM ampliouna noutros 6” no segundo treito e os dous primeiros clasificados marcaron rexistros moi parellos nos tres seguintes parciais.


“Foi unha proba de gran dificultade tanto física como técnica. O Galliñero adaptábase bastante ás miñas características dado que tiña bastantes zonas de pedaleo e era longo”, comenta Fernández, moi satisfeito por ter acadado “o meu gran obxectivo deste ano. Chegaba con dúbidas despois de non ter competido nos últimos seis meses debido á suspensión das probas do calendario por mor da Covid e deixeime levar polas sensacións nun dos percorridos máis duros que recordo. Había 18 km de ascensión e subíamos ata os 2.100 metros”.


O vencedor júnior detivo o reloxo en 28’00”, sendo 18” máis rápido que Del Río. O triplete da Selección de Galicia impediuno Rodrigo Gamarra (Velobur), que mellorou en 10” o tempo do cuarto clasificado Manuel Loureiro. Sétimo finalizou Raúl Miranda e o quinto representante do combinado autonómico, Ismael Romero, tivo que abandonar por problemas mecánicos.


Ás portas do podio quedou Nicolás Carrera entre os sub23: ocupou a cuarta praza, separándoo 18” do bronce. O corredor da Selección foi o mellor galego, oitavo, na táboa scratch. En canto ás categorías raíñas, Marco Veiga (Selección de Galicia) rubricou un ‘top-10’ nos elites masculinos ao terminar oitavo, mentres que Isabel Castro (Condado Bike) clasificouse sétima na táboa elite feminina.


Prata máster
A colleita de metais galegos completouna Santos Lemos nos máster-30A. O rider da Grupeta Pan de Zarko conquistou a prata ao concluír a 1:08 do gañador Alejandro Lozano (Team Motril). A terceira posición correspondeu a Carlos Jiménez (Spain Downhill).


Coa ‘medalla de chocolate’ tívose que conformar Esteban Lorenzo (Bici Verde) nos máster-40B e entre os dez primeiros dos máster-40A entraron Pedro Dapena (CiclosQuintena), sétimo, e Hugo Fernández (Bueu), oitavo.
Pola súa banda, Estefanía Cabarcos impúxose nas máster-30, pero ao non alcanzarse o mínimo de participantes non houbo podio do seu grupo de idade. A rider do Rocasport protagonizou o noveno mellor tempo na scratch feminina.


Fóra das categorías do campionato, Toni Ferreiro (Coruxo) impúxose na competición con bicicletas eléctricas e Lorena Castro (Pulpeiros) fixo segunda na clasificación e-bikes de mulleres.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.