MOS
O PSOE de mos faise eco das reclamacións do profesorado do IES de Mos
Co inicio das clase, os colexios e o instituto de Mos tiveron que adaptar as súas instalacións cos actuais protocolos. Víronse na obriga de desdobrar aulas e incluso, prescindir de certas clases ou actividades nos seus horarios.
No caso concreto do IES de Mos, sendo o único instituto público co que conta o Concello, tiveron que reorganizar as súas aulas para albergar a máis de 700 rapazas e rapaces de forma segura. A día de hoxe, o centro precisa da incorporación de 5 profesores máis para ser operativos a partires do o vindeiro día 23, data fixada pola Consellería de Educación para o comezo en secundaria.
Esta petición foi comunicada, a día de hoxe, en varias ocasións os responsables educativos sen obter resposta segundo explican fontes do PSOE local
Ante tal situación de incerteza e sen obter máis axuda por parte da Xunta, por ser esta quen ostenta a competencia en educación, o órgano directivo do centro presentou a súa renuncia.
Dende o Partido Socialista de Mos, instan a que "o Concello preste a axuda pertinente para que o centro poida abrir as súas portas con 5 mestres máis". A voceira socialista di “non entendo coma a alcaldesa está máis preocupada de facer un desgaste do goberno central que de convencer os seus compañeiros de partido na Xunta”, engade “que o centro non dispoña deste persoal suporá para os nosos rapaces non poder ter clases de apoio cando o precisen”.
Victoria Alonso recórdalle a rexedora local que" a súa labor é velar polo bo funcionamento dos servizos do concello e neste caso, as e os mosenses precisan que defenda a educación pública diante dos seus compañeiros de partido, os rapaces xóganse unha educación de calidade dentro das circunstancias que vivimos que non lle podemos negar". Ademais, a voceira tamén reclama "que se apoie a directiva do centro que fan unha dobre labor velando pola seguridade do alumnado".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11