Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O comercio do Porriño estrea plataforma de venda online

Xa contan con preto de 30 empresas interesadas neste novo servizo

O comercio porriñés da un paso importante na súa dixitalización coa posta en marcha dunha plataforma de venda online. A partir de agora, bastará cun click para realizar unha compra conxunta en diferentes establecementos de Porriño nun único pedido ata adquirir un produto concreto desde calquera punto de España a través do enlace https://www.comprarengalicia.es/porrino/. Así o anunciou  ACIPOR- MOREA, que conta coa colaboración do Concello de Porriño e a plataforma “Comprar en Galicia” para dixitalizar o comercio local e facilitar as compras tanto dos veciños do concello como de calquer internauta.

 

Cun proxecto baseado principalmente en dar visibilidade online aos produtos, marcas e servizos dos comercios locais, xa son preto de 30 as empresas que mostraron o seu interese en estar presentes neste novo servizo e xa empezaron a crear os seus perfís e subir os seus produtos.

 

Grazas á implantación dun servizo de loxística propio, o servizo permite a calquer usuario realizar un pedido en diferentes comercios da vila e recibilo no seu domicilio nunha única entrega e cun único pago, no mesmo día ou en 24 horas, dependendo de si o pedido é solicitado pola mañá ou pola tarde.

 

Do mesmo xeito, e grazas ao posicionamiento en buscadores e o marketing dixital, os comercios porriñeses poderán chegar a calquera punto do país cos seus produtos a través de convenios establecidos con diferentes empresas de mensaxería nacional (e internacional).

 

En definitiva, un servizo que permite ao pequeno comercio porriñés fortalecerse con ferramentas dixitais non só aos retos que representa os novos modelos de consumo  senón tamén ás necesidades derivadas do COVID-19, que require novos procesos de venda seguros para clientes e comerciantes. Un paso moi importante para o comercio local segundo o CCA Morea – ACIPOR.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.