Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 17 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Tui

Precintado o Parque Infantil dos xardíns de Troncoso por actos vandálicos

O Concello de Tui procedeu onte ao precintado e vallado da parte inferior do Parque Infantil situado a carón dos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez. Esta decisión vén motivada polos reiterados actos vandálicos que estaban a rexistrarse nos distintos elementos do parque que foran renovados recentemente tras o seu acondicionamento para cativos e cativas de 0 a 5 anos, cun investimento de 13.752,38€, e que estaban aínda pendentes de rematar polo que esta zona estaba xa precintada. Pese a iso rexistrábanse pintadas nos elementos de xogo, numerosos desperfectos nos mesmos coa substracción mesmo de parafusos co conseguinte risco que isto pode supor, amais de lixo tirado pola superficie desta área de lecer infantil.  É por iso que dende hoxe á cinta de precinto que xa estaba colocada e que reiteradamente era rota, hoxe dende o Concello colocáronse tamén vallas.

 

Dende o Concello de Tui faise un chamamento á responsabilidade e ao civismo, para que estas instalacións non volvan ser obxecto de actos vandálicos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.