TOMIÑO
A Policía Local e Protección Civil reciben formación en violencia de xénero
Ambos os dous corpos de seguridade asistiron a dúas sesións de formación con supostos prácticos para saber coma actuar en casos de violencia doméstica
Os integrantes da Policía Local e protección Civil de Tomiño asistiron durante dous días a un obradoiro de formación contra a violencia de xénero, organizado pola Oficina Municipal de Igualdade, co fin de proporcionar aos axentes destes colectivos as ferramentas teórico-prácticas para enfrontarse aos casos de violencia doméstica ou familiar que se produzan no municipio.
Deste xeito, o Concello continúa traballando contra esta lacra da sociedade que cada día se cobra novas vítimas. O taller tivo lugar os días 15 e 16 deste mes, no salón de plenos do Concello. A actividade estivo financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.
Por outra banda, Tomiño acollerá a inauguración das primeiras Xornadas de formación en LGTBIfobia nos corpos e forzas de seguridade A presentación da actividade tivo lugar no salón de plenos do Concello o venres pasado Tomiño acollerá a inauguración das primeiras Xornadas de formación en LGTBIfobia nos corpos e forzas de seguridade.
Na mañá do pasado venres foi presentada oficialmente a actividade no Concello de Tomiño.
A esta presentación acudiu Xermán Cordero Verde, coordinador da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, organizadora destas xornadas (coa colaboración dos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda); a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de da Área de Seguridade, Ismael Troncoso.
Segundo expuxo o coordinador da asociación, con sede na Guarda,o obxectivo principal é “o achegamento entre as persoas vítimas dunha agresión por LGTBIfobia e os corpos de seguridade, así coma a formación para recoller os datos necesarios para que a fiscalía poida actuar (FCS). Outros dos fins dos organizadores é “romper cos estereotipos e medos das persoas que sofren este tipo de agresións, por exemplo, á hora de ir a unha comisaría.
o temario das xornadas versará sobre delitos de odio e discriminación, policía e diversidade; método de traballo e boas prácticas policiais, e suposto práctico sobre Análise de custoria.
As xornadas terán lugar os vindeiros días 22,23 e 24 de setembro nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. O día martes 22, ás 10.30h será a inauguración no Auditorio de Goián, seguida da primeira sesión formativa. O día 23, ás 11 da mañá impartirase a 2º sesión, no Centro Polivalente de O Rosal, e xa o 24, ás 1030h comezará a última xornada formativa, seguida (ás 18.30h) dunha xornada de portas abertas, e da entrega de diplomas e peche.
As persoas que desexen apuntarse poden enviar un correo electrónico a transminho.lgtbi@gmail.com, ou chamar ao 626.420.874.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40