CORONAVIRUS | Galicia
Novo protocolo nos comedores escolares
Será obrigatorio o uso de máscara agás no momento específico da alimentación
O comité clínico de expertos sanitarios aprobou esta semana o Protocolo de prevención da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios, un documento elaborado coas achegas de asociacións de nais e pais, co que se busca reforzar a seguridade sanitaria na prestación do servizo ao tempo que ofrecer seguridade xurídica ás entidades que xestionan este servizo complementario.
Entre as principais liñas destaca a limitación de aforo co obxectivo de garantir a separación de alomenos metro e medio de distancia sentados en diagonal (o alumnado que conforma grupos estables de convivencia poderá comer agrupado sen gardar distancia); e a posibilidade de incrementar o número de quendas de comedor, de empregar outros espazos ou de instalar mamparas cando non sexa posible garantir a distancia de seguridade.
Canto aos alumnos, será obrigatorio o uso de máscara agás no momento específico da alimentación, e ocupar un sitio fixo no comedor e rexistrar o lugar que ocupa cada un (isto último co obxectivo de facilitar a localización de contactos en caso de gromos). Ademais, o equipo covid do centro disporá dun plano de situación do comedor cos postos fixos asignados a cada un dos rapaces, e fará un control diario de asistencia.
Canto ao persoal, tamén deberá empregar máscara de protección en todo momento, realizar o cuestionario de autoavaliación da covid antes de cada xornada.
Doutra banda, tamén se validaron por parte do comité clínico as medidas voluntarias que foron anunciadas ao longo dos últimos días (semipresencialidade, uso de mamparas protectoras,...) co obxecto de dar cobertura xurídica e certeza de que as medidas implementadas contan co preciso aval sanitario na procura de retorno seguro ás aulas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168