Tui
A ANPA do CEIP Guillarei-Tui denuncia a falta de profesorado
Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei queren facer pública “o malestar da nosa comunidade educativa e moi especialmente do alumnado de 1º de primaria xa que a data de hoxe non temos asignado un tutor/a pola Xunta”.
Solicitada información á Dirección do Centro do motivo polo que non está cuberta esa praza, explican que a Inspección sinala ao Equipo Directivo do centro que o máis probable é que “se cubra como unha praza de Educación Primaria sen esa especialidade”, cuestión que lle parece razonable á dirección do centro e non puxo ningunha obxección.
Pero o certo é que unha semana do comezo de curso esa praza segue sen adxudicarse e sen aparecer como vacante nas listas de substitución.
Esta situación está creando un malestar xeral na comunidade educativa, e con mais motivo pola actual situación na que nos atopamos pola COVID19 e os protocolos a cumplir.
Hai que ter en conta ademáis a peculiaridade de que o CEIP está dividido en dous edificios: Infantil e Primaria, algo distanciados, o que supón que algúns dos mestres teñan que desprazarse dun edificio ao outro o que dificulta poder facer as susbtitucións.
Algunhas das familias de 1º de Primaria xa decidiron non levar aos nenos/as a clase mentres non teñan tutor/a e o resto está valorando facer o mesmo ata que se cubra a praza.
Entenden ademáis que o Equipo Directivo non pode garantir que se cumpra o protocolo COVID. Nen na propia aula de 1º de primaria, que ten que ser atendida cada hora por un mestre distinto, incumplíndose o protocolo de acollida.
Polo tanto, dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei trasladan o seu descontento con esta situación, e agardan unha inmediata resposta e solución por partes da Xefatura Territorial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217